• Gran partido e victoria moi importante para seguir no máis alto.

O Moraña recibía na tarde de hoxe en Mirallos ao terceiro clasificado, o Mosteiro, nun encontro chave para marcar a tendencia nos postos nobles da clasificación. Conscientes disto, os nosos saíron ao campo enchufadísimos e buscando unha alta intensidade de xogo, tendo xa no primeiro minuto unha clara ocasión. O Mosteiro tamén saíu coas ideas claras, non permitindo ao Moraña combinar arriba, e buscando opcións no balón largo e no balón parado. Esta intensidade marcou a primeira parte, na que Collins tivo unha clara ocasión e Salva a piques estivo de rematar dúas opcións de córner, pero que rematou co Mosteiro achuchando aos nosos. Pese a todo, 0-0 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, o Moraña tivo que seguir aguantando o tirón do Mosteiro, agardando o seu momento. Cando comezaron a aparecer os espazos arriba as ocasións tamén chegaron. Tívoa Ferro clara, pero non logrou marcar. Foi Iván Goldar quen abriu a lata no 65. Centro lateral que recibe dentro da área visitante e fusila a Christian. O segundo chegou no minuto 73, aproveitando que o Mosteiro se volcou buscando o empate. Pase a Andrés que chega libre de marca e pon o 2-0 que deu tranquilidade. Aínda tivemos tempo de ver un golazo máis: David Alexander no 80 fixo que a grada se viñera abaixo marcando un lanzamento de falta dende a banda esquerda que se colou pola escadra visitante.

Este 3-0 foi o resultado final, que mantén aos nosos na pugna polos postos de ascenso directo. Próxima xornada, a enfrontarse co S.D. Romai. Ánimo rapaces!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Edu, Iván Vidal, David Alexander, Ferro, Jevin, Andrés, Collins e Rodrigo. Tamén xogaron Pedro, Allan, Borja, Yeray e Celso.

Mosteiro C.D.: Christian, Miguel, Martín, Rubén, Sergio, Iago, Santi, Rubén, Villar, Jose e Izan. Tamén xogaron David, Borja, Darío, Mathías e Jesús.

Goles: 1-0 Iván (min. 65); 2-0 Andrés (min. 73); 3-0 David Alexander (min. 80).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario