• Empate remontando por parte dos visitantes

Nova xornada ligueira para os nosos Senior, que recibían en Mirallos á S.C.D. Poyo. Un encontro no que os nosos saíron coa idea de manter o seu estilo, combinando e movendo ben ao rival. O Moraña colleu distancia pronto, cun gol de Salva no minuto 2: saque de banda no que tras varios rexeites, Salva remacha adentro. O segundo chegou cedo, cunha gran combinación entre Pablo Porta e Rober en banda esquerda que tras remate de Pablo choca en Carlos e acaba dentro.

Recurtou Óscar para o Poyo, tras un lanzamento lonxano de falta que a defensa morañesa non foi quen de despexar e que o xogador visitante poñía dentro. Antes do descanso, Collins remacha un gran centro dende banda dereita de Ferro poñendo o 3-1.

Tralo descanso o Poyo deu un paso adiante buscando a reación. Recurtaron no 66 cun centro lateral no que Celso tentando despexar, marca en propia. E no 71, Alfonso poñía o 3-3 e comezaba un partido novo, no que houbo ocasións por parte dos dous equipos pero no que se mantivo este empate ata o pitido final.

Reparto de puntos tralos 90 minutos, a seguir remando!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Pedro, Celso, Salva, Rober, Iván, Julián, Edu, Pablo Porta, Collins, Pablo Cancela e Ferro. Tamén xogaron Yeray, Caba, Javi, Samu e Jonathan.

S.C.D. Poyo: Aitor, Pablo, Dani, Carlos, Ramón, Saúl, Sergio, Fran, Alfonso, Óscar e Yacobo. Tamén xogaron Julio, Jesús, Adrián, Kevin e Jacobo.

Goles: 1-0 Salva (min. 2); 2-0 Carlos (p.p. min. 11); 2-1 Óscar (min. 28); 3-1 Collins (min.  34); 3-2 Celso (p.p. min. 66); 3-3 Alfonso (min. 71).

Compárteo!

Deixa un Comentario