• Os nosos volven á senda da victoria trala derrota da semana pasada.

  • Con estes tres puntos, os nosos xa suman 30.

Partido novamente traballado e dos considerados «trampa» para os nosos Senior, que recibían na tarde do sábado ao Marín C.F. malia que era este equipo o que figuraba como locatario (ao adiantar o encontro e terse que xogar en Mirallos.

O Moraña saliu con convicción ao encontro, combinando ben e buscando a portería rival. Os visitantes xeraban perigo sobre todo a través do seu dianteiro, ao que buscaban para montar perigosos contraataques.

Nos primeiros 45 minutos xerou perigo o Moraña, entrando ben por banda e incluso mandando dous disparos á madeira, pero malia todo, o marcador chegou inmaculado co 0-0 inicial.

Á segunda parte arrancou cun Marín moi decidido, que arrinconou no área aos nosos. Aguantaron ben o tirón os primeiros 10 minutos deste segundo acto, e nese momento o dominio cambiou de bando. O Moraña comezou a xerar perigo, sobre todo no balón parado, e froito deste perigo, nun saque de córner, Xoel facía o 1-0 aproveitando os rexeites.

Este gol fixo que os nosos deran un pequeno paso atrás, buscando aguantar o resultado, e o Marín comezou a medrar outra vez. O partido ía de área a área, tendo opcións o Moraña para matar e o Marín para recurtar distancias. E produciuse a segunda opción. Utilizando o xogo de espaldas, o dianteiro do Marín aguanta un balón na área que cede a David que tras un primeiro rexeite de Anxo, fai o empate a porta vacía. Era o 83, quedaba pouco tempo e moito traballo por diante.

O Moraña reaccionou, con máis corazón que cabeza para buscar o gol da victoria. E acadárono só dous minutos despois do gol marinés. Unha falta sacada en tres cuartos é peinada por Julián para poñer o 2-1. Gol clave para non dar opcións aos rivais, e uns últimos minutos de ida e volta de novo, no que incluso Borja puido facer o 3-1.

En resumo, gran traballo dos Senior, que con esta victoria suman xa 30 puntos e seguen en postos de promoción. Agora a descansar e a preparar o vindeiro encontro, ante o C.D. Arcade o 7 de Xaneiro. Vamos!!

Ficha Técnica

Marín C.F.: Iago, Cores, Area, Pablo, Antonio, David, Samu, Jesús, Manuel, Dario e Jose Carlos. Tamén xogaron David, Angel, Alejo e David.

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Xoel, Ferro, David Alexander, Chima, Pablo e Kapi. Tamén xogaron Borja, Caba, Julián, Celso e David.

Goles: 1-0 Xoel (min. 56); 1-1 David (min. 83); 2-1 Julián (min. 85).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario