Á espera de que se nos confirme o horario dos Biberóns para a Segunda Fase da Liga de Poio, aquí vos deixamos a axenda de encontros do Moraña C.F. para esta fin de semana:

  • Comezamos o sábado cos Infantiles, que reciben no Buelo á E.F. Cobres a partir das 10:00
  • A continuación, tamén no Buelo, xogarán os Prebenxamíns ante o Caldas C.F. e os Benxamíns ante o Unión Dena C.F. Ambos encontros, a partir das 12:00.
  • Pola tarde, os Veteranos viaxan ao Municipal de Vilaxoán, para enfrontarse ao Fortuna San Martín a partir das 18:00.
  • Ás 20:00, xogan os Xuveniles no Buelo, ante o Unión Dena C.F.
  • O domingo, os Cadetes madrugan para viaxar a Baltar de Arriba e enfrontarse ante o Xuv. Sanxenxo.
  • E pola tarde, o Primeiro Equipo viaxa ao Municipal de Zacande para xogar ante o Zacande C.F. a partir das 16:30.

O encontro dos Alevíns, que estaba previsto para este domingo ante o S.D. Amanecer, adíase para o martes ás 18:30 no Buelo.

Ademáis destes encontros xogaranse no Buelo o sábado pola tarde os encontros entre o Pontevedra C.F. «C» cadete e o Ráp. Bahía ás 16:00 e o Corner  Sport Bar – Marcon Dibay de Veteranos ás 18:00.

Moita sorte a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario