Os morañeses non tiveron piedade do equipo pontecaldense e vingáronse da final de Copa da tempada pasada.

O Moraña Veteranos a pesar das innumerables baixas que presentaba esta tarde, impúxose ao Pontecaldelas por un rotundo 0-4. Os morañeses conscientes de como se lle presentaba o partido, coas baixas de Goran, Santi Paz, Santiño, Mario Costas, Jose e un longo etc., se pranto no campo co equipo moi agazapado e deixando sempre a iniciativa ao conxunto da terra da troita, para lanzar uns contragolpes mortais, no minuto 25′ Nico tras unha grande xogada de todo o equipo adiántase no marcador (0-1), tras o descanso seguiu a mesma tónica de xogo e no minuto 60′, Celso é derrubado ao bordo da área sinalando o colexiado a correspondente falta que se encarga de lanzar o mesmo xogador salvando a barreira e anotando un grande gol (0-2), no 70 o mesmo Celso que hoxe o mister ante as innumerables baixas o puxo de falso nove e a verdade que o bordo, traendo tolos a toda a defensa pontecaldensa,  dende o centro do campo ve ao gardameta adiantado e lanza un lategazo impresionante en forma de parabóla marcando outro grande gol (0-3) e no 80′ seria Velay o encargado de pechar o marcador tras marchar de varios contrarios e bater ao bo gardameta do Pontecaldelas a media altura (0-4).

Aliñacións:

PONTECALDELAS: Corbacho, Martinez, Jones, Arzúa, Villanueva, López, Javier, David, Villaverde, Pérez, Torres, Lorenzo, San Martín, Vidal, Santos, Lorenzo, Limia y Soliño.

MORAÑA C.F.: Rafa Sierra; Juan, Yeyo, Toño, Fuentes; Nico (40′ Velay), Sayáns, Roberto, Roberto Carlos (35′ Ventura); Alex y Celso (87′ Rúa).

ARBITRO: Axubiou o encontro o colexiado cantabro J. Ignacio Pérez Burrul, do colexio pontevedrés, realizando un arbitraxe moi bó, ensinou tarxeta amarela o xzogador do Pontecaldelas Jones.

INCIDENCIAS: O encontro se xogou no Municipal de Mirallos, por non dispoñer de Campo o Pontecaldelas, polo que os morañeses xogaron de visitantes.

DESTACADOS: Polo Pontecaldelas o seu dianteiro centro David e polo Moraña todos estiveron a gran altura pero merecen mención especial  Celso e os debutantes Roberto Fuentes (a tempada pasada xogou no Moraña de afeccionados)  e Alex, fillo do veteran Ventura

Compárteo!

Deixa un Comentario