Gran debut dos nosos Infantiles na primeira xornada de Liga, na que viaxaron a San Pedro para enfrontarse coa E.F. Villa de Marín «B». O equipo de Alberto García viaxou con varias baixas, pero con efectivos de garantías para afrontar o encontro.
Dende o pitido inicial, e salvo algún momento puntual, os nosos foron dominadores claros do encontro, se ben ese dominio e posesión non se traducía en ocasións claras. O equipo era excesivamente vertical, sen buscar as bandas e abusando do xogo polo centro. Esto facilitaba as accións defensivas do equipo de Marín.
Segundo ían pasando os minutos, e co Moraña volcado en ataque, o Villa ameazaba cos contraataques, nos que combinaban ben e buscaban os espazos. A piques estiveron de abrir o marcador, pero Iván desviou a córner. Por parte do Moraña, tivo Yoel o primeiro nunha boa xogada por banda dereita na que tras varios rexeites lle cae o balón case na área pequena. Golpeou con forza, pero cando xa se cantaba o gol, Asier despexa cun paradón a córner.dbaf7f4e-23fc-411b-a56d-c1aea0885fda
Houbo que esperar ata o minuto 35 para ver o primeiro gol. Gran lanzamento lonxano de falta de Domi, despexe do porteiro local, pero o balón tras dar no pao, entra na portería. O 0-1 poñía xustiza no marcador, pero era un resultado demasiado curto para que os nosos se relaxaran.
Tralo paso polos vestiarios, o encontro seguiu na mesma liña, pero sen que os nosos lograran pechar o encontro o que facía que a incertidume seguira no campo. Tivo que ser Yoel, nun auténtico xogadón por banda dereita no que peleou un balón ata case a liña de fondo e golpeou á escadra contraria o que fixera ese 0-2 que daba a tranquilidade.
De aí ao final do encontro o Moraña seguiu dominando, pero sen prisas, o que facía que que o equipo chegara ben á fase final do ataque, aínda que non lograron máis goles.
Bo traballo de todos os xogadores e os primeiros 3 puntos que veñen para Moraña. A seguir traballando e a preparar o vindeiro encontro!!

FICHA TÉCNICA

E.F. VILLA DE MARÍN «B»: Asier (Adrián, min. 41), Diego, Adrian, Iker (Ignacio, min. 49), Miriam (Iago, min. 52), Yago, Víctor (Rubén, min. 52), Joel, Iván, Pablo e Josepth.
MORAÑA C.F.:Iván, Isma, Isaac, Yoel (Javi, min. 60), Rubén (Jonathan, min. 56), Lucas (Juanma, min. 49), Domi, Raúl, Alex, Dani e Anxo.
GOLES: 0-1 Domi (min. 35); 0-2 Yoel (min. 51)

Compárteo!

Deixa un Comentario