• Tras unha mala primeira parte, a reacción chegou despois do descanso.

O Moraña C.F. visitou na tarde de hoxe San Pedro na terceira xornada de Liga. Os de Fabio chegan a este encontro cunha victoria e un empate, e con ganas de seguir sumando. Pero unha mala primeira parte con moita falta de concentración foi aproveitada polo Marín para coller vantaxe e ir ao descanso 2-0 arriba.

O encontro comezou con mal pe para os nosos, xa que Caba sufriu unha lesión no minuto 8 que non lle deixou seguir no partido, tengo que entrar Pedro. O Marín adiantábase cun gran lanzamento de falta directa de J. Carlos no 25. E o propio J. Carlos só 5 minutos despois poñía o balón no fondo da rede tras iniciar unha xogada no medio campo, facer unha boa parede e plantarse só ante Pedro.

Tralo paso polos vestiarios o Moraña saiu con outra cara, concentrados e con ganas de darlle a volta ao partido. Xa dende o primeiro momento comezaron a xerar perigo. No 48, chega o primeiro gol. Centro de banda esquerda que tenta rematar Borja e recibe penalti. Ferro non falla dende os 11 metros. O Moraña seguía a tentalo e pouco a pouco comezou a facerse dominador no centro do campo. Julián entraba a axudar en defensa e Pablo e Yeray moi activos na creación. Nunha destas xogadas, Collins recibe un gran pase que o planta diante do porteiro  e poñía o empate no 52.

Seguían chegando ocasións, e por fin, no 75, Pablo tras un rexeite na área, consegue enviar o esférico adentro e poñer o definitivo 2-3. O Moraña dispotou os últimos minutos con 10, trala expulsión de Iván Goldar, pero souberon contemporizar e traer os tres puntos para Moraña.

FICHA TÉCNICA

Marín C.F.: Carlos, José, David, Pablo, Antonio, Alberto, Joaquín, J. Carlos, Cores, Duarte e Dios. Tamén xogaron Abraham, Marcos, Jesús, Juan e Manuel.

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Rober, Iván Vidal, Yeray, Borja, Samu, Collins, Pablo e Ferro. Tamén xogaron Pedro José, Julían, Edu, Javi e Jonathan.

Goles: 1-0 J. Carlos (min. 25); 2-0 J. Carlos (min. 31); 2-1 Ferro (penalty, min. 48); 2-2 Collins (min. 52); 2-3 Pablo (min. 66)

Compárteo!

Deixa un Comentario