A ACD Moraña venceu no seu desprazamento a Catoira nun partido amigable cun resultado de 1-4, este encontro xogouse aproveitando que ambos equipos descansaban nos seus  grupos. Baixo un calor sufocante (31º), ambos equipos ofreceron unha boa tarde de futbol co fin de  agradar a os escasos  espectadores que presenciaron o encontro. O equio de Rúa, puso en liza a os xogadores que normalmente disfrutan de poucos minutos, e a verdade que souperon responder a confianza do adestrador, facendo un gran desgaste fisico e enviándolle o mister un menxase de que se pode contar eles. Por A.C.D. Moraña xogaron Vicente; Ventura, Juan(40′ Pedro), Sayans, Eloy(45′ Fuentes); Velay,  Mario Costas, Celso; Oscar(35′ Nico), Gerino e Esteban. Os goleadores do Moraña foron, Oscar, Nico, Esteban e Fuentes, o tanto do Catoira foi marcado de Penalty. O final do encontro e nas mesmas instalacións o Catoira invitou os xogadores do Moraña a unhas cervezas e empanadas.

Compárteo!

Deixa un Comentario