Moraña, 30 de Maio de 2.015

Estimado socio/a:

En primeiro lugar comunicarvos a todos que rematou a Tempada, e o balance deportivo, en xeral, foi bo; a excepción do Moraña Senior que descendeu á 3ª Rexional. Isto foi motivado a que as lesión cebáronse co equipo, chegándose a contabilizar ata 15 baixas de xogadores; uns por lesións, nalgúns casos graves, e outros por ter que deixar o fútbol para incorporarse a postos de traballo. En moitos partidos tívose que botar man de xogadores xuvenís. En canto o fútbol base, dicir que foi unha tempada moi boa, quedando practicamente todos os equipos clasificados entre os catro primeiros. Agora están xogando a fase de ascenso os Xuvenís e os Benxamíns.

En segundo lugar, queremos informarvos das actividades a realizar :

1.- XANTAR FIN TEMPADA MORAÑA C.F..-O sábado 13/06/15, celebrarase unha xornada de confraternidade para todos os estamentos do Club, dende o Fútbol-Base ata os socios/as que estean interesados. O programa do día será o seguinte:

  • Deportivo.- A longo da mañá celebraranse, no Buelo, partidos de fútbol-8 entre os distintos equipos do Fútbol-base.

  • Xantar.– Sobre as 14:30 horas, na carballeira da feira de Sta. Lucia baixo unha carpa instalada para o acontecemento, terá lugar unha comida para todas as categorías do Club. O menú será o seguinte: Empanada mixta + Polbo á Feira + Carneiro o Espeto + Churrasco de porco con Criollos + Xeados + Cafés e Licores .

Bebidas: Viños Albariño, Mencía e Barrantes, Auga, Gasosa e Refrescos.

Están invitados “gratuitamente” tod@s xogador@s e técnicos do noso club. Este convite, gustosamente, o facemos extensivo a todos os pais e familiares que desexen acompañarnos, pagando o prato. O prezo é de 25 € por persoa. Os nen@s ata 17 anos, que non pertenzan ao MorañaC.F. e queiran asistir ao evento, terán un prezo de 10 €.

Tanto xogador@s coma técnicos, deben confirmar a súa asistencia á comida; comunicándollo ao Delegado correspondente de cada equipo ou ben poñéndose en contacto co Club no teléfono 986 553092, en horario de Oficina (19:30 a 21:00 h.) de Luns a Venres. Os pais e familiares que desexen acompañar aos xogador@s terán que retirar previamente o tícket correspondente de 25 €, antes do día 11 de Xuñonas Oficinas do Club. Pregámosvos, confirmedes a vosa participación nas datas mencionadas por cuestións organizativas.

2.- III CAMPUS MORAÑA C.F.O Campus terá lugar do Luns 6 ao Sábado 11 de Xullo de 2.015, en horario de maná e desenvolverase en 3 instalacións: Campo de Fútbol de Mirallos , Piscina Municipal e Campo de O Buelo. O Campus organizado polo Moraña C.F., é unha actividade lúdica, deportiva e recreativa de achegarse ao deporte do fútbol, dun xeito diferente, enchendo o tempo de ocio vacacional dos nenos e nenas, en idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos. O importe da actividade é de 80 €/nen@, facendo un prezo reducido para os irmáns de 55 €/ nen@.FECHA LIMITE INSCRIPCIÓN 30/06/15

¡¡¡Esta actividade farase se hai un mínimo de inscricións de 20 rapaces-zas!!!

3.- ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.- Anticiparvos de que, a Xunta Directiva, ten programada a Asemblea Xeral Ordinaria Anual para o venres 10 de Xullo de 2.015. De todos os xeitos enviarásevos unha carta coa convocatoria e orde do día correspondente.

Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte e desexarvos un verán.

A Directiva 

Compárteo!

Deixa un Comentario