Victoria moi traballada dos nosos Cadetes na tarde de hoxe.

Os Cadetes viaxaron á Senra na tarde de hoxe para xogar ante o C.D. Ribadumia «B». Un encontro que estivo cheo de emoción, no que os nosos colleron vantaxe no primeiro tramo con dous goles de Pereira. Este 0-2 foi neutralizado en só dous minutos polo Ribadumia, co gol de David e de Adri, que transformou un penalti, Pero antes do descanso, Pereira certificaba o seu hattrick anotando tamén dende os 11 metros.

Déronse unha tregua os dous equipos na segunda metade, na que a pesar de xerar ocasións non chegaban os goles e coa vantaxe mínima visitante a emoción era máxima. Non se confirmou a victoria morañesa ata case o pitido final, co gol de Domi tamén de penalti no 84. Noraboa Cadetes, e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Ribadumia «B»: Carlos, David, Raúl, Adri, Juan, Brais, Rubén, Marcos, Óscar, Iker e Stock. Tamén xogaron Raúl, Brais, Miguel, Anxo e Julio.

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Álex, Pereira, Domi e Mateo. Tamén xogaron Edu, Iván Rego e Iván García.

Goles: 0-1 Pereira (min. 22); 0-2 Pereira (min. 23); 1-2 David (min. 32); 2-2 Adri, penalti (min. 32); 2-3 Pereira, penalti (min. 36); 2-4 Domi, penalti (min. 80+4).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario