• Outra remontada para traer os puntos de Santa Mariña e seguir arriba.

Saída complicada a dos nosos Senior nesta tarde de domingo, visitando ao C.D. Cesantes no campo de Santa Mariña en Redondela. Un encontro chave, nun campo difícil e no se soe decir que é onde se deciden as Ligas. Os nosos comezaron dubitativos, feito que aproveitaron os locais para poñerse por diante no minuto 2 por medio de Fabián. Case non comezara o partido, e xa tocaba remar a contracorrente. Era unha tarefa difícil e complicada para o Moraña, pero tocou remangarse e saír adiante.

A pesares de que se chegou ao descanso con este 1-0 e que o encontro ía pasando sen que as ocasións morañesas se concretaran, por fin chegou a igualada. Tivo que ser Rodrigo dende os 11 metros no minuto 72 o que por fin puxera o empate. E cando este 1-1 parecía o resultado final, Andrés no minuto 88 poñía en vantaxe ao Moraña co 1-2.

O Cesantes lanzouse desesperadamente a pola igualada e nunha contra xa no desconto, Borja Fuentes poñía o 1-3 que foi o resultado definitivo. Gran victoria para seguir sumando de tres e alcanzar os 48 puntos e seguir en zona de ascenso directo. A vindeira xornada, recibimos ao C.D. Mosteiro nun encontro clave para as aspiracións de ambos conxuntos. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Cesantes: Diego, José, César, Adri, Xacobe, Fabián, Borja, Diego, Isaac, Marcos e Pedro. Tamén xogaron Borja, Alexandre, Andrés e Manu.

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Rober, Iván Vidal, David Alexander, Ferro, Kevin, Andrés, Allan e Rodrigo. Tamén xogaron Pedro, Yeray, Collins, Samu e Borja.

Goles: 1-0 Fabián (min. 2); 1-1 Rodrigo, penalty (min. 72); 1-2 Andrés (min. 88); 1-3 Borja (min. 90+1).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario