• Os Senior comezan 2019 con derrota.

Arrancaba o ano para o noso Primeiro Equipo tralo descanso do Nadal. Os nosos viaxaban ao Municipal de Bueu, para tentar continuar coa racha positiva de 3 victorias consecutivas coa que pecharon o ano pasado. Pero non puido ser. Malia que os nosos saíron con ganas ao encontro, o gol de Javier no minuto 23 foi o único que se viu durante os 90 minutos nun encontro bastante bronco e con non demasiado fútbol.

Tras esta derrota e cos resultados da xornada de hoxe, a cabeza da táboa aprétase aínda máis, estando en catro puntos os seis primeiros clasificados.

Próxima xornada, recibimos en Mirallos ao Marín C.F. A prepararse para dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Bueu: Iván, Víctor, Rafa, Adri, Salva, David, Javi, raúl, Portela, Miguel e Brais. Tamén xogaron Álvaro, Alejandro, Amable, Fran e David.

Moraña C.F.: Caba, Rober, Salva, Allan, David Alexander, Collins, Edu, Kevin, Ferro, Suso e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Borja, Javi, Iván e Yeray.

Goles: 1-0 Javier (min. 23).

Compárteo!

Deixa un Comentario