A sección Benxamín do Moraña C.F. abría a xornada de sábado xogando a súa 11ª Xornada ante o Alondras C.F. O equipo dirixido por Eloy Rodríguez afrontaba o encontro coa baixa de Brais e cunha nova convocatoria de tres xogadores prebenxamíns.

Os nosos pelexaron durante todo o encontro para seguir na pelexa, pero as circunstancias fixeron que paulatinamente o Alondras se mostrase superior e fose poñendo terra de por medio. O gol de David no minuto 33 foi un xusto premio para o bo traballo dos nosos, que seguen a pelexar contra unha liga de altísimo nivel e contra vento e marea, nunca tiran a toalla.

Ao final dos 50 minutos, 1 a 8 para os do Morrazo, e un paso máis dos nosos Benxamíns nesta Liga. A seguir traballando e medrando!!

FICHA TÉCNICA

Morana C.F. 1 – 8 Alondras C.F.

Moraña C.F.: Rubén, Hugo, Xabi, Raúl, Jorge, Aday, Aarón, David, Anxo, Alexandre, David Piñeiro.

Alondras C.F.: Gabriel, Omar, Rubén, Raúl, Gael, Gabriel, Iker, Hugo, Adrián, Marco, Iago, Saúl, Gael e Pablo.

Goles:  0-1 Gael (minuto 3); 0-2 Adrián (minuto 7); 0-3 Adrián (minuto 8); 0-4 Gael (minuto 11); 0-5 Pablo (minuto 22); 0-6 Gael (minuto 24); 1-6 David (minuto 33); 1-7 Saúl (minuto 42); 1-8 Iker (minuto 45).

Compárteo!

Deixa un Comentario