Moi bo traballo o realizado polos medioscentros dos equipos de Fútbol 11 do Moraña C.F. baixo as indicacións do noso invitado, Manu Rodríguez, xogador da S.D. Compostela.

A sesión centrouse sobre todo en mecanismos e aspectos tácticos específicos desta posición, fundamental no fútbol moderno. Manu puxo a súa experiencia a disposicións dos nosos xogadores, explicándolles en todo momento os movementos, golpeos idóneos e pequenos consellos para mellorar o seu rendemento.

Agardamos que os rapaces sacaran boas conclusións e moita información para mellorar desta sesión. Dende o Clube, unha vez máis, agradecemos a amabilidade de Manu para levar a cabo esta sesión.

Compárteo!

Deixa un Comentario