O próximo venres 5 de Octubre o Moraña C.F., convoca unha nova Asemblea Xeral, o motivo é de que no rexistro de Asociacións deportivas informáronnos que o Moraña C.F. non ten os estatutos rexistrados. Polo que cómpre rexistralos canto antes; para iso tenos que aprobar a Asemblea Xeral.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
A Xunta Directiva do MORAÑA C.F. convoca a todos os seus asociados a Asemblea Xeral Extraordinaria :
Día : Venres 05 de Outubro de 2.012.
Lugar : Casa de Cultura A.D.R. Castelao.
1ª convocatoria …… 20:30 horas.
Hora :
2ª convocatoria ….. 21:00 horas.
Orde do día :
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Aprobación dos Estatutos do Club.
- Rogos e preguntas.
Lamentamos ter que convocar unha nova Asemblea Xeral. Desta volta o motivo é de que no rexistro de Asociacións deportivas informáronnos que o Moraña C.F. non ten estatutos rexistrados. Polo que cómpre rexistralos canto antes; para iso tenos que aprobar a Asemblea Xeral.
Aproveitamos para saudarte e invitarte a asistir.
Moraña 24 de Setembro de 2.012
A Directiva