• Outra vez un gol no tempo de desconto déixanos sen puntuar.

  • O Moraña foi dominador durante varios tramos do encontro.

Xornada 31 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña se desprazou ata Vigo para enfrontarse ao Atlántida Matamá.

Derrota das que doen fronte a un rival que actualmente marcha 2º na clasificación. Foi un partido que estivo marcado polas expulsións (unha para cada equipo). A primeira parte non dispuxo de ocasións claras de gol. O equipo local quedouse cun xogador menos no minuto 25, pero os nosos non foron quen de aproveitar a ventaxa numérica para poñerse por diante no marcador.

Ao pouco do comezo da segunda parte, tamén sería expulsado o noso xogador Novegil, polo que as forzas se igualaron. Todo parecía desembocar nun empate con reparto de puntos. Pero de novo un gol de libre directo no último minuto do desconto deixaría aos nosos sen poder traer, polo menos, un punto da súa visita a Vigo.

A vindeira xornada tocaranos recibir ao C.C.D. Chaín no campo de O Buelo.

FICHA TÉCNICA

Atlántida Matamá: Xoán Miguel Iglesias, Carlos Corujeira, Daniel Cruz, Manuel Lago (Manuel Alves, 58′), Daniel Pérez, Rafael Martín Casal, Diego Laso, Jorge Rodríguez (Jaime David Marian, 78′), Yeray López (Juan Bastante, 78′), Tomás Comesaña (Enrique Martínez, 58′) e Javier Pintos (Daniel Mallo, 69′).

Moraña C.F.: Pedro José Castro, David Gevorgyan, Jesús Losada, Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (Leroy Ruegg, 89′), Jacobo Lazcano, Ramón Martínez (Dani Fontán, 78′), Roi González (Víctor Calderón, 78′), David García, Jorge Miser (Josiño Pérez, 84′) e Sebas Cores.

Goles: 1-0 Diego Laso (min. 98)

Árbitro: José Alberto Lorenzo, auxiliado por Gonzalo Martínez e Rafael Millos. Amonestou a Yeray López, Manuel Lago, Daniel Cruz, Javier Pintos, Enrique Martínez e Jaime David Marian. Expulsou a David Mella por parte do Atlántida Matamá.

Amonestacións a Roi García e Josiño Pérez por parte do Moraña. Expulsou a Fernando R. Novegil

Compárteo!

Deixa un Comentario