• Os nosos recibiron unha goleada que os fai caer aos postos de descenso.

  • Toca seguir pelexando para intentar salvar a categoría nas 2 xornadas restantes.

Xornada 32 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao C.C.D. Chaín no campo do Buelo.

Partido para olvidar o disputado este pasado domingo. Unha primeira parte catastrófica acabou cun 0-5 no marcador que facía practicamente imposible calquera reacción de remontada para a segunda metade. Foi unha mestura de erros defensivos con acerto do rival de cara a portería o que fixo que os goles se fosen sucedendo un detrás de outro.

Trala reanudación, o equipo intentou buscar un gol rápido que lle dera un mínimo de posibilidades pero non houbo sorte. O Chaín marcou o sexto gol despois dunha serie de rebotes e Roi fixo o tanto da honra logo dunha boa xogada individual.

Xogámonos a permanencia nestas xornadas restantes, así que toca apoiar e pelexar ata o final. Imos Moraña!

A vindeira xornada tocaranos desplazarnos ata Arcade para disputar a penúltima xornada de liga contra o C.D. Arcade.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan (Domi García, 46′), Jesús Losada, Moha El Hamdaoui (Dani Fontán, 46′), Jacobo Lazcano (Roi García, 35′), Diego Pérez, Víctor Calderón (Álvaro Bacariza, 67′), Jorge Miser, Sebas Cores, Ángel Buceta (Leroy Ruegg, 46′) e David García.

C.C.D. Chaín: Borja Benavides, Samuel Rodríguez, Sergio Varela (Yago Suárez, 77′), Pablo Martínez, Francisco Vázquez, Miguel Arroyo, Pedro Arroyo (Jorge Rodríguez, 77′), Alberto González, Raúl Antolín (Diego Álvarez, 68′), Joaquín Piñeiro e Alejandro de Sousa (Hugo López, 68′).

Goles: 0-1 Joaquín Piñeiro (min. 8), 0-2 Pedro Arroyo (min. 18), 0-3 Pedro Arroyo (min. 35), 0-4 Joaquín Piñeiro (min. 37), 0-5 Joaquín Piñeiro (min. 45), 0-6 Joaquín Piñeiro (min. 75), 1-6 Roi García (min. 82)

Árbitro: Diego Vidal, auxiliado por Egoitz Sánchez e José Manuel Torres. O partido rematou sen ningunha amonestación

Compárteo!

Deixa un Comentario