O Moraña aproveita a ocasión é da un pase de xigante o sumar tres novos puntos é o seus rivais directos non ser capaces de gañar.

Na foto Santi Paz, autor novamente de un hattrick.

O Moraña segue na  senda da vitoria e suma o seu quinto encontro sen coñocer a derrota, ten moito merito as últimas duas  vitorias por ser  enfrente a conxuntos que ocupan a parte alta da clasificación. Esta seman tiña diante a un combinado moi dificil de batir e non fallaron conseguindo tres puntos vitais que lles permiten soñar ca salvación. Se a esto engadimos que os seus directos rivais: Mecos é Caldas só conseguiron sumar un punto é o Portas perdou na casa contra o colista Rincon de Poty, pois a verdade que pra os morañeses esta xornada saíulle redonda.


Tres puntos e terceira vitoria consecutiva do Morañeses.
O Moraña , con un novo hattrick de Santi Paz e van …., e un gol de Oscar, deu un paso importante cara á permanencia  grazas á súa traballada vitoria  sobre un Estradense  que, malia chegar a este encontro con cinco baixas no conxunto por lesión, dou moita guerra durante os 90 minutos.
Os morañeses foron a pola victoria dende o minuto un é despois de desaproveitar
varias ocasións, Santi Paz no minuto 16′ en xogada persoal inaugura o marcador o bater o bó gardameta Manolo na sua desesperada saida, poido Celso 3 minutos maís tarde incrementar o marcador pero o seu disparo co porteiro batido bateu nun defensa,  chegaria o segundo tanto no  minuto 33 nun saque de corner efectuado por Celso, remata Mario Costas, rechaza o gardameta Manolo é Oscar libre de marca envía ao fondo da rede, poido novamente Oscar no minuto 46 volver a marcar, pero o rianxeiro nesta ocasión non estivo fino é a porteria valeira tira fora, chegaria o minuto 68 é,  o que si non perdoa é Santi Paz que se vai por velocidade de todos os que lle saen o paso e salva a saida do porteiro pra marcar o gol da tranquilidade,  dous minutos maís tarde  en pleno acoso morañes ¡¡¡ quen se non !!! Santi Paz aproveita un pase maxistral de Mario Costas é novamente vaise por velocidade de todos os defensas que le saen o paso é fai o seu hattric da tarde, a partir de aquí e ata o minuto 90 os morañeses dedicaronse a nadar e gardar a roupa, cedendolle a iniciativa o Estradense que non chegou a inquietar a porteria de Javier Maté en ningún momento.  
 
 

 

 
 
 
 

ALIÑACIÓNS:

MORAÑA C.F.: Javier Maté (76′ Vicente);  Juan(46′ Fuentes(85′ Rúa)), Toño, Nico(78′ Yeyo), Nuñez; Yeyo (38′ Roberto), Mario Costas(74′ Ventura), Celso(65′ Stoikov), Esteban; Oscar é Santi Paz.

C.D. ESTRADENSE: Manolo; Varela(63′ Chao), Fernández, Figueiras, Ovidio(31′ Chao); Barros, Rivadulla, Rosende (46’Esperon); Rodríguez(38′ González), González(25′ Vinseiro) é Chao (25′ Magariños).

ARBITRO: Axubiou o encontro o colexiado pontevedrés Cesar Sanmamed Lombas, ben sin complicarse para nada é deixando xogar os dous equipos. Mostrou tarxeta amarela o morañes Mario Costas. 

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Mirallos con un terreo de xogo en excelentes condicións, tarde veraniega con unha temperatura de 22º. Despois do encontro os xogadores tiveron unha xuntanza no mesón morañés O Pouso..

DESTACADOS: Por o Moraña, todos estiveron a unha gran altura, pero a verdade que o binomio Oscar é Santi Paz, que cada día que pasa entendense mellor, traendo tolos os defensas contrarios, Santi Paz autor dun hat trick é Oscar autor do segundo tanto.Polo Estradense sobre todos o porteiro Manolo con intervencións maxistrales é Chao.

 

Compárteo!

1 comentario

  1. quero destacar a liña defensiva sobre todo a parexa nico e toño posto q o numero de goles encaixados tamen importa no futbol enhoraboa

Deixa un Comentario