Este sábado terá lugar no Pavillón de Moraña a última xornada e festa final da I BibeCUP. Neste último día, xogaranse ademáis dos partidos programados, os que non se puideron xogar no seu día en Caldas.

Así que os horarios serán:

  • 11:30 Partido 1: Moraña C.F. vs. Ponte Caldelas C.F.
  • 12:05 Partido 2: Caldas C.F. vs. A.C.D. A Seca
  • 12:30 Partido 3: A.C.D. A Seca vs. Moraña C.F.
  • 13:05 Partido 4: Ponte Caldelas C.F. vs. Caldas C.F.

Ao remate dos encontros, terá lugar a entrega de trofeos a todos os rapaces e Clubes que participaron no mesmo. Tamén terán estes pequenos campións unha pequena «merendola» para repoñer forzas e como premio e agradecemento ao gran traballo que todos os xogadores realizaron neste torneo.
Para os pais, o Moraña C.F. vai habilitar unha «cantina» dentro do pavillón por se lles apetece tomar algo e para non ter que ir ata o Campo de O Buelo.

Agardámosvos a todos alí!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.