Quen Somos

O Clube de Fútbol de Veteranos de Moraña, non é só unha agrupación que se adica en exclusiva ao deporte rey, senon que se trata dun colectivo unido a favor de potenciar o bo uso do deporte, a cultura, o ocio e doutras moitas actividades sociais. Conta con membros de diferentes lugares e concellos da nosa comarca, que acoden puntualmente a todas as actividades que se organizan na sede morañesa.

Un bo día, aló polo ano 1994, un grupo de morañeses capitaneados por Germán Rúa (Vicente, Minso, Necho, Ventura, Gerino, Pedro, Andión…) e moitos máis que están na historia da nosa páxina, tiveron a idea de formar un equipo para participar no Campionato de Fútbol Veterano da provincia de Pontevedra, contando para elo con ex xogadores do Moraña Clube de Fútbol. A partires de aí todo se foi sucedendo: creouse a Asociación Cultural e Deportiva de Moraña. Unha vez formado o equipo, inscribírono no terceiro grupo da liga de fútbol veterano de Pontevedra, onde leva participando dende entón, cunha larga listas de ascensos e descensos que proporcionan gran emoción a todos os seguidores deste equipo. Cabe destaar que dos 15 anos que levamos xogando, fumos Campións á Deportividade durante 10.

OUTRAS ACTIVIDADES

Á par dos eventos deportivos, fóronse sucedendo outas actividades como cenas e comidas a modo de celebración. Nos comezos facíanse dúas ao ano, en Nadal e ao terminar a Liga, pero isto convertiuse en tradición, e os asociados cada vez aumentaban en número e en participación. Así foi que nas mencionadas celebracións comezaron a planearse excursións por Semana Santa, que ano tras ano, fóronse facendo realizade. Os futbolistas e as súas familias visitaron lugares como Mallorca (onde nos irmanamos co Centro Gallego), Andalucía, Xibraltar, Calaluña, Murcia, Cantabria, País Vasco (onde nos irmanamos coa Casa Galega de Bilbao), Portugal (Algarve, Oporto e Lisboa), Asturias, Tenerife, A Rioxa, Ribera do Douro… Como cada vez que se organizaban excursións en Semana Santa había un gran número de persoas que, sin estar vinculadas ao fútbol, desexaban participar nelas, tomouse a decisión de abrir a Asociación a todas as persoas interesadas, e así foi medrando o número de socios. Xurdiu entón a necesidade de tener un local social (pechado temporalmente na actualidade) onde reunirse para realizar outras actividades distintas ao fútbol.

Todo foi sobre rodas a partires dese momento. Creáronse asociacións paralelas, que conviven en perfecta harmonía dentro desta ACD Moraña, como por exemplo a Peña Celtista Javier Maté.

Entre as diversas actividades a Asociación organizou: Cursos de Baile, Cursos de Informática, Mecanografía, Ximnasia, Cociña, Campionatos de Tute e Truco, celebracións de bailes de Fin de Ano, Entroidos, Magostos, excursións (ás Cíes, aos Cañóns do Sil…) Campañas Solidarias (para axudar por exemplo a El Salvador e A India) e actividades de verán para entreter aos máis xoves, como visionado de películas, campionatos de futbolín, campionatos de tenis de mesa e celebracións de bailes e guateques. Tamén se celebraron, durante 6 anos consecutivos o Torneo Internacional de Fútbol Cadete Concello de Moraña, coa participación de equipos da talla da S.D. Compostela, Pontevedra, Selección Comarcal de Moraña Caldas e Cuntis, Atlético de Madrid, Real Clube Celta de Vigo, Oporto F.C., Athletic de Bilbao, Sportin de lisboa, F.C. Barcelona, Sportin de Xixón e Real Madrid.

XUNTA DIRECTIVA

Como en todas asociacións existe unha directiva que pretende buscar sempre novas actividades para os compoñentes desta, e que actualmente está composta polas seguintes persoas:

Presidente: Germán A. Rúa Díaz

Vicepresidente 1º: Alvaro J. Nuñez López

Vicepresidente 2º: Vicente Silva Condes

Tesoureiro: José Folgar Lopez

Vicetesoureiro: Jerónimo Bua Lado

Secretario: Ernesto González Caramés

Vicesecretario: Xabier Oubel Arcos

Vocal: Jose Nuñez Búa

Vocal: Verísimo Fernandez Lopez

Vocal: Jose Miguel Ares Carbia