• Seguimos sen sumar a domicilio.

  • Un mal comezo, condiciona o encontro.

Xa a sexta xornada desta apaixoante Primeira Autonómica, e visita a un campo difícil, como é As Cachizas. O rival, un Unión Dena con necesidade de puntos, que entrou ao encontro con máis intensidade. Aínda se estaban a sentar os afeccionados na grada, cando Alfonso abría  a conta para os locais, aproveitando un rexeite de Anxo para facer o 1-0.

Non se repuxera o Moraña C.F. deste golpe, cando nun saque de esquina, Oubiña poñía máis vantaxe para o Dena co 2-0. Moito que remar para os de Luis Oliveira, que non lle perderon a cara ao encontro e tentaron recortar dende ese instante.

Pero o Unión, cun gran traballo defensivo e esperando para matar á contra, soubo aproveitar esta vantaxe acadada no primeiro tramo, e pese aos intentos, o marcador xa non se moveu no resto de encontro.

Con este resultado, o Moraña segue na metade da táboa con nove puntos. Próxima parada, o Unión Grove, que visitará Mirallos o vindeiro domingo 20. A traballar durante a semana para dalo todo neste encontro!

FICHA TÉCNICA

Unión Dena C.F.: Óscar, Víctor, David, Guillermo, Gabriel, Brais, Adri, Óscar, Alfonso, Pedro e Oubiña. Tamén xogaron Pablo, Adri, David e Roi.

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Rober, Richi, David Alexander, Castillo, Pablo Porta, Ferro, Edu, Álvaro e Davor. Tamén xogaron Iván, Jonathan, Iván Vidal, Miguel e Borja.

Goles: 1-0 Alfonso (min. 4); 2-0 Oubiña (min. 7).

Compárteo!

Deixa un Comentario