O primeiro equipo do Moraña volve á senda da victoria, traendo os tres puntos da súa visita ao Monte da Lomba.

Dous goles ao filo do descanso, foron determinantes para que o Moraña C.F. volvese a gañar tras dúas xornadas sen acadar a victoria. Os nosos firmaron un partido moi serio e completo, sobre todo na faceta defensiva, xa que lograron deixar a portería a cero.

Tras unha primeira fase de encontro na que as ocasións non se daban concretado, no minuto 40 Rober facía o 0-1, e só dous minutos despois, Jesús poñía máis terra de por medio facendo o 0-2. Con este resultado se chegou ao descanso.

Nos segundos 45 minutos o Moraña soubo aguantar o resultado e manter o encontro dominado sen dar opcións ao rival, logrando chegar ao final do mesmo coa victoria no peto e con tres puntos fundamentais para os intereses clasificatorios dos nosos.

O vindeiro domingo, recibimos no Municipal á S.D. A Lama. A prepararse con ganas e a por todas!!

FICHA TÉCNICA

U.D.S.M. Deiro: Héctor, Pedro, Alejandro, Richard, Pablo González, Nico, Rubén, Abel (Otero, min. 63), Dani, Alfonso (Juan, min. 63) e Adrián (Iván, min. 58).

Moraña C.F.: Kevin, Julián, Gepe, Salva, Rober, David, Jesús, Damián (Breo, min. 88), Kapi (Borja Fuentes, min. 75), Viti (Héctor, min. 86) e Juan Jesús (Manu, min. 70).

Goles: 0-1 Rober (min. 40); 0-2 Jesús (min. 42)

 

Compárteo!

Comentarios Pechados.