• Unha gran remontada para pechar este 2017.

Os nosos Senior rematan o ano cunha victoria épica, nun encontro no que o marcador final reflicte o visto no campo. O Moraña saliu entonado ao encontro, pero con erros de concentración na parcela defensiva, que se foi entonando co paso dos minutos. Mostra desta mala saída é o primeiro gol, no minuto 7. Lanzamento lonxano dunha falta á zona entre defensas e porteiro, e coa indecisión de ambos Salva introduce sen querer o balón na nosa portería.

Seguiron os nosos buscando chegar á portería rival con xogo combinativo, movendo ben a pelota, pero malia todo foi o Mosteiro o que volveu a marcar. Outra falta lonxana na que Celso non despexa de primeiras é aproveitada por Varela para fusilar dende o punto de penalti a Caba. Era o minuto 27 e o 0-2 era unha losa moi alta e un premio excesivo para un rival que case non xerara máis perigo que estes dous lanzamentos de falta.

Pero o Moraña seguiu convencido da súa aposta, tocando o balón e buscando as espaldas dos laterales rivais. Nunha destas accións, Pablo Cancela aproveita unha apertura á banda de David, e pon un centro que Chima non acerta a rematar, pero o «cazagoles» Kapi non perdona, para dar o primeiro paso da remontada antes do descanso, ao que se chegou co 1-2.

Na segunda parte, os nosos volveron saír un chisco durmido, feito que tentou aproveitar o Mosteiro insistindo no xogo directo sobre a nosa defensa e buscando as segundas xogadas. O Moraña seguíu apostando polo xogo combinativo, e nunha destas accións chegou o 2-2. Saque de banda morañés, que tras varios rexeites volve ao sacador que pon un centro que Kapi deixa pasar para que Celso fusile e iguale no 65. Comezaba o partido de novo.

Neste último tramo, o Moraña seguiu buscando a victoria tocando, e o Mosteiro buscando sacar petróleo do balón parado. Pero quen levou o gato a áuga para facerse cos puntos foron os nosos rapaces. Case co pitido final, unha boa combinación entre Salva e Chima provoca un córner que David pon perfectamente para que Santi faga o 3-2 definitivo que lle daba por fin a volta ao encontro. Foi o premio á constancia dun equipo que non baixou os brazos en ningún momento.

Con esta victoria, os nosos acadan os 33 puntos, aséntanse na zona noble da táboa e afrontan o que queda de Liga con moita ilusión e coa tranquilidade dunha boa primeira parte de tempada. A seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Julián, Velay, Salva, Rober, Celso, Pablo, David Alexander, Kapi, Chima e Ferro. Tamén xogaron Anxo, Borja, David, Isma e Santi.

Mosteiro C.D.: Simón, Izan, Jesús, Iago, Miguel, Martín, Iago G., Rubén, Jose Luis, Villar e Varela. Tamén xogaron Critian, Santi, Jose, Pablo e Borja.

Goles: 0-1 Salva p.p. (min. 7); 0-2 Varela (min. 27); 1-2 Kapi (min. 36); 2-2 Celso (min. 65); 3-2 Santi (min. 89).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario