• Sexta Victoria Consecutiva dos nosos Senior

O Moraña C.F. recibía ao colista do competición na tarde de hoxe en Mirallos, nun partido dos considerados «trampa», xa que os encontros non entenden de clasificacións. E así foi.

Os nosos adiatáronse cedo, cun gol de Kapi no minuto catro. Este gol fixo que os nosos se relaxasen un chisco, dándolle alas a un Figueirido que xogou a un bo nivel e cun bo fútbol, elaborado e salindo desde atrás. Ata o descanso, as mellores ocasións foron visitantes, sobre todo a balón parado. Unha gran man de Cabanelas nun disparo tralo rexeite dun córner foi o que mantivo a vantaxe local antes do receso.

Tralo paso polos vestiarios, a saída morañesa foi un chisco mellor. No minuto 2 da reanudación, Kamatxo recupera un balón no centro do campo e asiste a David Alexander para que éste defina moi ben para facer o 2-0. Esto fixo que os nosos aínda se relaxasen máis, contemporizando e buscando manter a vantaxe nos minutos que quedaban. Pero o Figueirido foi entrando no partido, asentándose e, con balóns ao espacio, foi xerando cada vez máis perigo. No 74, esta mellora traduciuse no 2-1. Saque de banda no que o posuidor do balón aguanta e leva o balón ata case entrar na área e fai un cambio de orientación para que Manuel bata a Caba cun potente zambombazo.

Os rivales foron embotellando ao Moraña, e este último tramo de encontro foi un exercicio de traballo defensivo dos nosos, que se empregaron a fondo para sacar os 3 puntos e certificar unha nova victoria. A piques estivo o Moraña de sentenciar nunha gran xogada de Kapi, que arrancou desde medio campo deixando atrás ata a tres xogadores rivales e que non afina na definición, cando tiña a Julián só para empuxala.

Malia todo, 2-1 ao final do encontro. Con este resultado, o Moraña C.F. aúpase ata a terceira praza, a só dous puntos do liderato.

Próxima parada, este mércores, visitando ao San Adrián. Ánimo!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Velay, Salva, Rober, Fabio, Ferro, David Alexander, Kamatxo e Suso. Tamén xogaron Anxo, Héctor, Julián, David e Borja,

Figueirido C.F.: Adrián, Alberto, Sergio, Borja, Abel, Julio, Jaime, Ángel, Jose, Amoedo e Fernando. Tamén xogaron Iván, David, Manuel, Miguel e Diego.

Goles: 1-0 Kapi, min. 4; 2-0 David Alexander (min. 47); 2-1 Manuel (min. 74).

Compárteo!

Deixa un Comentario