A categoría Prebenxamín do Moraña C.F. xogou na mañán de onte un encontro amigable ante o Verdugo C.F. para ir preparando os distintos torneos aos que se vai enfrontar neste último tramo da tempada, e para ir engrasando aos xogadores de primeiro ano de cara ao ano que ven.

Os rapaces de Manu e Iago xogaron un bo partido, no que tamén participaron, ademáis destes xogadores de primeiro ano, os xogadores de segundo que non foron convocados co equipo Benxamín.

Bo traballo por parte deste equipo, que venceu ao rival e que segue avanzando na preparación. A vindeira semana, xogarán un novo amigable ante o San Martín C.F., no que os biberóns de último ano participarán tamén para ir afinando cousas de cara á nova tempada.

Os goles do encontro foron obra de Xoel (5), Xabi, Darío e Aleixo.

Compárteo!

Deixa un Comentario