Só a mala sorte explica que os nosos Infantiles non sacaran un resultado mellor na súa visita ao líder da Categoría na Xunqueira 2 na mañán de hoxe. Partido moi bo dos nosos xogadores, pero condicionado pola falta de sorte en momentos chave.

Plantexou un partido valiente Alberto, o míster morañés, buscando presionar e buscar arriba ao rival, apretando moito nos primeiros 40 minutos e sen deixar respirar aos pontevedreses. Malia a todo, non houbo ocasión de que se movera o marcador nesta primeira parte, e se reservaba todo para a segunda.

Neste segundo acto, adiantáronse os locais, cun gol de Xavier no 44, pero empataron os nosos grazas a un bo gol de Pablo Fraga no 58. Foi neste tramo onde os nosos eran dominadores e, minutos despois, producíase a xogada que marcou o partido. Minuto 60, balón que xa está dentro da portería do Pontevedra e que Joel saca coas mans. O árbitro non condede o gol, expulsa ao xogador local e decreta penalty. Jorge, un seguro dende os 11 metros non atina a marcar. Esta situación foi un lastre para os nosos.

E como o que perdona, acaba pagando, nun lanzamento lonxano de falta na que Iván non está acertado, adiántanse os locais. E no último tramo, cun Moraña volcado pola igualada, Carlos sentencia o encontro co terceiro.

Unha mágoa, pero moito orgullo por parte do Clube polo gran traballo e partido dos Infantiles, que mereceron máis e lle plantaron cara ao líder da categoría. A seguir nesta liña e a pelexar, que queda moita Liga!! Ánimo!

FICHA TÉCNICA

Pontevedra «B» 3 – 1 Moraña C.F.

Pontevedra «B»: Marc, Pablo (Noel, minuto 51), Zakariya (Saúl, minuto 61), Igor, Hugo, Kevin, Carlos, Álex, Martín (Camilio, minuto 57), Xavier (Joel, minuto 49) e Pablo (Lorenzo, minuto 53).

Moraña C.F.: Iván, Isma (Anxo, minuto 62), Cristian, Rubén, David (Sende, minuto 65), Pablo Fraga, Raúl, Dani (Dani Fontán, minuto 62), Edu e Amestoy (Jorge, minuto 49).

Goles: 1-0 Xavier (minuto 44); 1-1 Pablo Fraga (minuto 58); 2-1 Hugo (minuto 69); 3-1 Carlos (minuto 75)

Compárteo!

Deixa un Comentario