• Primeira victoria a domicilio dos Senior na Xornada inaugural.

Comeza unha nova andaina o Primeiro Equipo nesta tempada 2018-2019, xogando no Campo O Cabalo ante a U.D.C. Vilaboa. Un encontro que se prometía igualado, e coas dúbidas típicas dos primeiros choques competitivos.

Comezou mellor o Vilaboa, coas ideas máis claras e xerando perigo dende o primeiro minuto. Os nosos tardaron un chisco máis en meterse no encontro e en adaptarse ao campo, pero segundo foron entrando, tamén comezaron a chegar as ocasións. Malia todo, ata case o descanso non se abriu a lata. Unha falta sacada rápidamente e na que se buscou o segundo pau, acaba nos pes de Collins, que con moita frialdad, poñía o 0-1 no minuto 44.

Este gol foi un empuxón moi forte ao plantexamento do Moraña, que seguiu presionando moi ben arriba e afogando a saída de balón local. Antes do descanso chegou o segundo gol. Saque de córner de Ferro que remata Iván Goldar, rexeite do porteiro, e de novo Iván Goldar finaliza para poñer o 0-2. Este foi o resultado ao descanso.

Na segunda parte, os nosos saíron buscando manter a vantaxe, xogando moi xuntos e buscando contras para matar o encontro. Así chegou o 0-3. Contrataque rápido conducido por Ferro, que se vai do seu par, apura liña de fondo e da o pase da morte para que Collins marque e sentencie  o encontro no 58.

No último tramo, o Vilaboa buscou acortar diferencias, buscando golpeos dende a frontal e gozando dalgunha ocasión clara. Os nosos tiveron varias oportunidades de ampliar o marcador, incluíndo un gol anulado a Collins.

Ao final dos 90 minutos, 0-3. Gran traballo de equipo con aportación de todos os integrantes e primeiro paso importante nesta nova tempada. A seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

U.D.C. Vilaboa: Edu, Óscar, Javi, Adrián, Jose, Rubén, Miguel, Alejandro, Raúl, Martín e Raúl. Tamén xogaron Antonio, Miguel, Diego, Sergio e Borja.

Moraña C.F.: Caba, Goldar, Salva, Rober, Iván, Julián, Ferro, Edu, Collins, Celso e Pablo. Tamén xogaron Pedro, Borja, Samu, Javi e Jonathan.

Goles: 0-1 Collins (min 44); 0-2 Golgar (min. 45); 0-3 Collins (min. 58)

Compárteo!

Deixa un Comentario