• Un gol tempraneiro do C.D. Cesantes condicionou o encontro.

Volvía o Moraña a xogar en Mirallos, ante o Cesantes na sexta xornada da Liga. Os de Fabio saían ao encontro coas ideas claras, buscando a portería rival dende o primeiro minuto, ante un rival que se ía pechar atrás e buscar a contra. E iso foi o que atoparon no minuto 3. Imprecisión morañesa, xogada por banda dereita e centro a segundo pao para que Fabián puxera o 0-1.

Este gol trastocou os plans do Moraña, e o equipo resentiuse, sendo aínda máis imprecisos e precipitándose en certa medida. Malia todo, algunha ocasión se xeraba aínda que sen ser de perigo claro. A situación era a desexada polos visitantes, que viron reforzada a súa idea, pechándose ben atrás e buscando contraataques con xogadores fixos arriba. Esto facía que cada xogada non finalizada polos nosos se convertira en opción clara de contra moi perigosa.

Tralo pase polos vestiarios, o Cesantes seguiu coa mesma mecánica, e o Moraña tivo que dar un paso adiante para buscar sacar algo do encontro. Cando os nosos comezaban a ter algo de ritmo, Ferro nunha xogada desgraciada cae na área rival sen que o colexiado pite nada. Froito desa caída, lesionouse na clavícula polo que tivo que abandonar o encontro. Desexámoslle o mellor e unha pronta recuperación.

O empate apareceu no minuto 70, nunha acción por banda de Borja que pasa a Samu e éste centra para que Celso poña o 1-1. O gol espoleou ao Moraña que buscou con máis forza acadar o segundo gol, e pese a que Iván Goldar e Salva tiveron ocasións, non se moveu o marcador.

A seguir traballando e a preparse para visitar ao líder, o C.D. Mosteiro.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Salva, Rober, Iván Vidal, Yeray, Ferro, Celso, Collins, Samu e Pablo Porta. Tamén xogaron Xián, Caba, Edu, Broja e Javi.

C.D. Cesantes: Ángel, César, Alexandre, Pedro, Mateo, Adrián, Fabián, Isaac, Diego, Alexandre e Alberto. Tamén xogaron Borja, Santi, Borja, Marcos e Xacobe.

Goles: 0-1 Fabián (min. 2); 1-1 Celso (min. 70).

Compárteo!

Deixa un Comentario