• 22 anos despois, o Moraña volve á Primeira Autonómica

  • Os nosos vencen ao F.C. Cruceiro que acumulaba 19 xornadas sen perder e a derrota do San Adrián dan o ascenso matemático.

O Moraña C.F. chegaba na tarde de hoxe ao Javier Guimeráns coa primera oportunidade de acadar o ascenso. As opcións eran claras: debían gañar aos locais, un equipo moi forte cunha xeira de resultados incrible, acumulando 19 xornadas sen perder, e agardar que o San Adrián non vencese na súa visita a Vilaboa.

Os nosos comezaron moi metidos no partido, e no minuto 21, Rodrigo facía o primeiro da tarde. O Moraña non baixou o pistón, e no 34 facía o segundo, tamén por medio de Rodrigo. Só dous minutos despois, o F.C. Cruceiro quedaba con 10 xogadores pola expulsión por dobre cartón amarelo de Aron. O encontro poñíase cada vez máis de cara. Pero o Cruceiro non se rendiu. Antes do descanso, Sergio, de penalti poñía o 1-2, deixando todo por decidir na segunda metade.

Na reanudación, os locais saíron a por todas. E froito deste empuxe, Sergio poñía o 2-2 no minuto 57. Este resultado igualaba o acontecido na primeira volta. Pero o Moraña foi a por todas, e cun imperial Rodrigo, poñía terra de por medio con goles no 66, 72 e 79, firmando un repóker que o convertiu no auténtico heroe deste encontro. Cinco goles neste definitivo encontro, incrible. O Cruceiro non se rendiu, pero só puido achegarse ao marcador no desconto, cun gol de Rubén no minuto 90.

Con este resultado ao Moraña non lle chegaba, e agardouse con moita incertidume o resultado do Vilaboa-San Adrián. Só uns minutos máis tarde, chegou a confirmación da derrota do San Adrián por 3-1, polo que, con 67 puntos, e a falta de dúas xornadas, o Moraña ascendía matemáticamente. Houbo que esperar 22 anos, pero o Moraña volve a Primeira. Agora queda tentar pelexar o título ligueiro, nos dous encontros que quedan.

Noraboa rapaces!! E unha vez máis, grazas afección. Grazas a esa marea vermella que acompañou ao equipo durante todo o ano e hoxe no Javier Guimeráns. Sen vós, sería imposible. A CELEBRALO!!

FICHA TÉCNICA

F.C. Cruceiro: Abraham, David, Jose, Fran, Arón, Alberto, Ángel, Campos, Guiller, Sergio e Rubén. Tamén xogaron Jorge, Borja, Jose, Alain e Coya.

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Pablo Cancela, Rober, Andrés, Eduardo, Ferro, David Grande e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Borja, Allan, Yeray e Iván Vidal.

Goles: 0-1 Rodrigo (min. 21); 0-2 Rodrigo (min. 34); 1-2 Sergio, penalti (min. 45); 2-2 Sergio (min. 57); 2-3 Rodrigo (min. 66); 2-4 Rodrigo (min. 72); 2-5 Rodrigo (min. 79); 3-5 Rubén (min. 90).

Grazas polas fotos que ilustran esta crónica e este ascenso a Antonio Suárez e a José Fernández.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario