Os Infantiles do Moraña madrugaron este domingo pola mañán para viaxar a San Pedro, e enfrontarse á E.F. Villa de Marín «B» na 28ª xornada de Liga. O equipo de Alberto tivo que botar man dos Alevíns para completar a convocatoria debido ás baixas, e os máis pequenos responderon.

Custoulle abrir á lata aos morañeses, pero en canto o lograron, rápido colleron distancia. O primeiro gol foi obra de Raúl no minuto 22, aproveitando un gran servizo de David.
Só un minuto despois xa poñia Álex o 0-2, aproveitando un centro de Raúl e poñendo o balón na mesma escadra. Estes dous goles deron tranquilidade aos nosos, o que fixo que chegaran dous goles máis antes do descanso. Raúl marcou o 0-3 aproveitando un rexeite do porteiro tras un disparo de David, e Álex fixo o 0-4 rematando un saque de córner de Dani.

No segundo acto, Pereira fixo o quinto rematando de primeiras unha nova asistencia de Raúl. Coa distancia lograda, o Moraña baixou un pouco o pistón, e esto fixo que Jorge e Antonio con dúas contras puxeron o 2-5 no marcador. Pechou David no 79 o definitivo 2-6, cunha gran xogada personal na que se foi de tres xogadores de campo e do porteiro.

Bo encontro dos infantiles, que se achegan ao final da Liga a un gran nivel. Quedan seis encontros de Liga para lograr quedar o máis arriba posible. Ánimo e a seguir nesta liña.

FICHA TÉCNICA

E.F. Villa de Marín «B» 2 – 6 Moraña C.F.

E.F. Villa de Marín «B»: Marco, Manuel, Diego, Iker (Iván, min. 40), Eloy, Iago (César, min. 40), Victor (Antonio, min. 40), Joel (Adrián, min. 40), Iker, Jorge e Josepth

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Cristian, Pereira, Alex (Pedro, min. 56), David, Raúl, Dani Camiña, Dani Fontán (Sende, min. 51) e Anxo (Rubén, min. 54).

Goles:0-1 Raúl (min. 22); 0-2 Álex (min. 23); 0-3 Raúl (min. 32); 0-4 Álex (min. 37); 0-5 Pereira (min. 54); 1-5 Jorge (min. 62); 2-5 Antonio (min. 68); 2-6 David (min. 79)

Compárteo!

Comentarios Pechados.