Os nosos Benxamíns viaxaron na mañán de onte ata Moaña, para xogar no Campo de O Casal o encontro correspondente coa décima xornada de Liga.

Os pupilos de Eloy viaxaban como lamentablemente soe ocorrer con este equipo, xustos de efectivos, só con 10 xogadores, dos cales 2 eran Prebenxamins dispostos a axudar ao equipo.

Neste novo encontro, a melloría paulatina que están a realizar estes xogadores quedou patente, chegando co resultado de 3 a 1 ao descanso e só logrando escapar no marcador o equipo local segundo os minutos pasaban e o cansancio facía mella nos nosos. Gran traballo por parte de todos os xogadores, e moi bo papel dos dous prebenxamins que viaxaron con eles.

Reiteramos unha vez máis o ánimo para este grupo de valientes, que semana a semana dan a cara, loitan e compiten. A seguir traballando e mellorando!!

FICHA TÉCNICA

E.F.B. Moañesa 7 – 1 Benxamíns

E.F.B. Moañesa: Pablo, Antón, Óscar, André, Lucas, Nicolás, Daniel, Sergio, Asier, Anxo, Alejandro, Miguel, Gael e Hugo.

Moraña C.F.: Brais, Hugo, Raúl, Jorge, Aday, David, Alexandre, Aleixo, Anxo e Aitor.

Gol: Aday

Compárteo!

Deixa un Comentario