O Primeiro Equipo do Moraña deu un paso de xigante na tarde de hoxe no Cruceiro, vencendo ao Dorrón C.F. por 1 a 2 nun encontro disputadísimo e cheo de emoción. Adiantáronse os morañeses no minuto 15, cun gol de Capi, resultado co que se chegou ao descanso.
Nos segundos 45 minutos e sen pechar o encontro, Sami facía a igualada no minuto 57, poñendo a incertidume no electrónico. Pero Miguel Castro no 77 facía o definitivo 1 a 2 que lles daba os 3 puntos. Con esta victoria, o Moraña acada os 51 puntos, o que unido ao pinchazo do Poio na casa ante o San Miguel, fai que se asenten na segunda posición que da o ascenso directo.
A vindeira semana, en Mirallos, unha auténtica final entre Moraña e Poio, que se xogan esa segunda posición nun enfrontamento directo. Moito ánimo ao noso primeiro equipo, a traballar duro e a dalo todo o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

Dorrón C.F. 1 – Moraña C.F.

Dorrón C.F.: Rafa, Sami, Javier, Fran, Gerardo, Lucas, Adrián (Marcos, min. 66), Alberto (Gabino, min. 54), Domínguez, Pereira (David min. 54) e Rosales (Cristian, min. 54).
Moraña C.F.:Caba, Martín (Lorenzo, min. 86), Camacho (Borja, min.84) , Alberto, Iago, Julián, Miguel Castro, Damián, Capi (Rubén, min. 88), Biti e Miguel Zas (Manu, min. 74).
Goles:0-1 Capi (min. 15); 1-1 Sami (min. 57); 1-2 Miguel Castro (min. 77)

Compárteo!

Comentarios Pechados.