• Seguimos sen puntuar a domicilio.

  • O Alertanavia marcou o segundo no 94.

Oitava xornada de Liga para os Senior, con visita ao Federativo de Coya para enfrontarse ao C.P. Alertanavia. Un encontro no que os nosos tentaban puntuar por primeira vez fóra da casa nesta volta á Primeira Autonómica. Pero non puido ser. Os locais poñíanse por diante cedo, cando Javi remataba entre as pernas de Anxo un saque de córner ao segundo pao. O Moraña acusou un chisco este golpe, pero refíxose para seguir no encontro. Este 1-0 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, o encontro seguiu na tónica da igualdade, sen que o Moraña lograra empatar nin o Alerta aumentar a vantaxe. Finalmente, Castillo no minuto 74 acadaba o gol que facía xustiza no marcador. Comezaba un encontro novo para este último cuarto de hora de encontro, que ambos conxuntos xestionaron con cautela. Pero no desconto, Sergio facía o 2-1, que facía inútil o esforzo dos nosos, que de novo, seguen sen sumar a domicilio. Toca seguir remando, traballando e apoiando para que estes puntos nos desplazamentos comecen a chegar.

Con este resultado, o Moraña segue na zona media da táboa, que se apreta cada vez máis. Próximo encontro o vindeiro domingo, con derbi en Mirallos ante o Campo Lameiro.

FICHA TÉCNICA

C.P. Alertanavia.: Borja, Javi, Sergio, Anxo, Fran, Paulo, Jorge, Diego André, Ignacio e Marcos. Tamén xogaron Steven, Fabio, David, Dani e Enrique.

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Vidal, Rober Vidal, Iván Goldar, Pablo Cancela, Jonathan, Edu, Richi, Castillo e Álvaro. Tamén xogaron Borja, Pablo Porta, Ferro, Marcos e Antonio.

Goles: 1-0 Javi (min. 9); 1-1 Castillo (min. 74); 2-1 Sergio (min. 94).

Compárteo!

Deixa un Comentario