Moraña, 03 de Xuño de 2.016

Estimado socio/a:
En primeiro lugar comunicarvos a todos que rematou a Tempada, e o balance deportivo, en xeral, foi moi bo, o Moraña Senior ascendeu á 2ª Autonómica e nas categorías inferiores, en xeral, tamén realizouse unha boa tempada.
En segundo lugar, queremos anticipar información das actividades que temos programado realizar e das cales se vos informará en tempo e forma.
1.- XUNTAZA-COMIDA FÚTBOL BASE.- Como ven sendo costume celebraremos unha comida de confraternidade para todo o Fútbol-Base e tamén para os socios/as que estean interesados. A comida está fixada para o Sábado 25/06/16, na carballeira de Santa Lucía.
Menú: Empanada + Polbo á Feira + Churrasco de porco con Criollos + Xeados + Cafés e Licores + Viños Albariño e Barrantes, Auga e Refrescos.
Prezos:
Xogadores base+equipo técnico = GRATIS.
Nenos/as, ata 16 anos = 12 €
Adultos (a partir 16 anos) = 20 €

2.- ASEMBLEA XERAL ORDINARIA+ EXTRAORDINARIA.- Este ano vai ser un pouco especial porque, segundo os Estatutos do Club, remata o mandato da actual Xunta Directiva, polo que, hai que elixir nova Directiva. Seguindo os Estatutos, enviámosvos as convocatorias das dúas Asembleas:
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANUAL.- A que se ven facendo anualmente para informar das contas e dos orzamentos.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA.- Na que se elixirá a Nova Xunta Directiva.

Decidimos facer as dúas na mesma xornada para non ter que convocar unha nova Asemblea dentro de 10 días. Así, a nova Directiva, terá máis tempo para preparar a vindeira Tempada.

Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte e desexarche un bo verán.

A Directiva

Compárteo!

Comentarios Pechados.