Reeditábase na tarde de onte despois de moitos anos un derbi en Categoría Senior que tan grandes encontros deixara no pasado, enfrontando ao nosos Primeiro Equipo e ao Caldas C.F., un partido que ademáis pechaba a primeira volta ligueira.

Os rapaces do Chino, tras tres victorias consecutivas, viaxaban ás Corticeiras acompañados dun gran número de afecionados que desfrutaron dun gran partido pero do que non puideron traer puntos. Abriu o marcador cedo o Caldas, no minuto 11 cun gol de Barros de cabeza. Este gol non variou o plan dos locais, ben plantados en defensa e buscando con rapidez a portería morañesa. Nunha destas rápidas contras, Álex bate no man a man a Caba, poñendo o 2-0 no minuto 20. Xusto antes do descanso en xogada de estratexia, Xoel daba esperanza aos nosos, facendo o 2-1, resultado co que se chegou ao descanso.

Nos segundos 45 minutos, de novo de cabeza chegou o 3-1, obra do central do Caldas C.F. Álex García no 65. Buscou o Chino a reacción movendo o banquillo e metendo no campo a Lorenzo e a Manu, pero o Caldas certificou a victoria cun gol de Peña no 72 que deixou o electrónico no definitivo 4-1.

Bo partido dos nosos, aos que lles queda toda a segunda volta por diante para seguir pelexando. O equipo está nun bo momento e medrando partido a partido. De seguro que nesta segunda volta da Liga non agardan moitos encontros emocionantes e de seguro que os nosos valientes van a dalo todo para sacar a maior cantidade de puntos posible. Ánimo e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Caldas C.F.: Alberto, Manuel (Diego, min. 55), Álex García, Esteban, Jesús, Borja, Barros, David, Yeray (Sergio, min. 70), Peña e Álex Casal (Ángel, min. 72).

Moraña C.F.: Caba, Xoel (Borja, min. 69), Gepe, Salva (Manuel, min. 74), Juan, Roberto, Miguel (Lorenzo, min. 71), David, Kapi, Viti e Juan Jesús (Breo, min. 83).

Goles: 1-0 Barros (min. 11); 2-0 Álex Casal (min. 20); 2-1 Xoel (min. 43); 3-1 Álex García (min. 65); 4-1 Peña (min. 72).

Compárteo!

Comentarios Pechados.