Os Biberóns xogaron na mañán de onte a súa sétima xornada da Liga de Poio enfrontándose no Pavillón de Lourido á In.De.Po. Os nosos realizaron un gran partido, impoñendo o seu fútbol e levándose o encontro cun contundente 11 a 0. Os goles estiveron repartidos entre varios xogadores e todos os convocados aportaron.

Noraboa aos Biberóns, que están a realizar un grandísimo traballo nesta Liga de Poio. A seguir traballando e mellorando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 11 – 0 In.De.Po

Moraña C.F.: Anxo, Marcos, Mauro, Mario, Hugo, Saúl, David, Álex, Fernando, Antón e Iago

Goles: Álex (7), Fer, Saúl, Antón e Mauro

Compárteo!

Deixa un Comentario