A Asociación Cultural “Chinguilipé” e a Asociación Cultural “O Arrieiro”, teñen o pracer de convidar o MORAÑA C.F., directivos, adestradores, xogadores, colaboradores, patrocinadores  e socios, ao “IV Serán Magosteiro” que se celebrará o vindeiro venres 8 de novembro, a partir das 20:00 horas, na carballeira de Santa Lucía de Moraña.

No mesmo poderanse degustar castañas, chourizos asados, empanada, viño novo do país… podendo participar todo o que queira, tocando, cantando, bailando ou simplemente gozando da música tradicional galega. Ademais, durante toda a noite haberá sorteo de produtos doados polos comercios de Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario