Nova xornada na que as nosas categorías base reciben a visita dun clube para xogar amigables. Na mañá de onte foron os Prebenxamíns e Benxamíns os que recibiron á A.C.D. A Seca. Tentouse programar tamén un amigable de Alevíns, pero por problemas de calendario, non foi posible.
Os encontros estiveron moi animados e serviron para seguir traballando e evolucionando.

PREBENXAMÍNS 2 – 2 A.C.D. A SECA

bcc7da97-dc88-4068-80f0-036b0c5b1ae3Os Pres realizaron un bo encontro, con dominio de balón e deixando momentos de bo fútbol. Os rapaces de Kevin e Roberto están a facer un bo traballo nesta pretempada, e iso nótase no campo. O resultado do partido foi de 2 a 2, marcando Aarón e Xoel os goles morañeses.
Ao final dos 50 minutos, lanzouse unha quenda de penaltis para dilucidar un vencedor, saíndo favorable para os nosos, co marcador de 5-3.

BENXAMÍNS 1 – 3 A.C.D. A SECA

af3d95e2-6580-49eb-9a5e-13a323af0dafOs rapaces de Eloy xogaron tamén un bo encontro, deixando un bo sabor de boca e trazos do que vai ser o seu nivel de xogo esta tempada. O resultado foi de 1 a 3, marcando o gol dos locais Ethan. A seguir traballando nesta liña!

Compárteo!

Deixa un Comentario