Participación dos Benxamíns no Torneo Arnelas Cup

Os Benxamíns disfrutaron o sábado no Torneo de Puente Arnelas, no que quedaron encadrados no grupo A co Cambados, Cangas, Puente Arnelas e Pontevedra.
No primeiro partido contra o Cambados caeron por 4-0, nun encontro no que o rival foi superior. O seguinte encontro, ante o Pontevedra, foi moito máis igualado. A pesar desta igualdade, non se concretaron as ocasións, e a victoria foi dos do Lérez por 1-0. Como terceiro rival tiveron aos anfitrións, o Puentearnelas, aos que venceron por 2-0 (goles de Brais e Dani). Quedaba o último partido, ante o Cangas para ver a clasificación final. Desta volta a sorte non acompañou, con 3 balóns aos paos e unha gran actuación do porteiro rival que non permitiron adiantarse aos nosos. Nunha contra, os do Morrazo facían o definitivo 1-0-

Con estes resultados clasificamos cuartos, xogando ante o Vila de Marín na semifinal de consolación. Un partido bastante trabado pero nos que os de Marín foron máis eficaces poñendose por diante con 2 goles de vantaxe. Recortamos con gol de Breixo Oubiña nun saque de portería. Presionamos pero non fomos capaces de empatar e no último minuto sentecian o encontro co terceiro, 3-1.

No encontro polo 3º e 4º puesto de volta contra o Cangas. Un partido que dominamos e no que cunha gran defensa, non lles permitimos chegar á meta de Breixo. O gol foi obra de Brais nos primeiros minutos do encontro, aínda que con moitas ocasións non fomos capaces de sentenciar o encontro.

Finalizamos o torneo como terceiros clasificados na fase de consolación.

Gran traballo dos Benxamíns, que con estes torneos poñen un broche de ouro a unha moi boa tempada. Agora a descansar e a recargar as pilas!

Xogaron: Breixo Oubiña, Fabio, Brais, Breixo Ferrín, Xabi, Xoel, Dani, Manu, Borja Diego e Samuel.


Xuveniles 3 – 2 Marín C.F.

Último encontro ligueiro para os Xuveniles, que recibían no Buelo ao campión do seu grupo e cos que comparten o honor de ser os equipos ascendidos. Os nosos, que caeron no partido de ida en Marín, tiñan ganas de revancha, e traballaron a reo para facerse coa victoria nun partido de ida e volta.

Comezou mandando o Moraña co gol de Pablo Grande á media hora do encontro. Pablo, xa na segunda metade poñía a igualada, e no 65, Raúl dende os 11 metros poñía por diante aos visitantes. A reacción dos nosos non tardou, e con goles de Mateo (min. 69) e de Hugo (min. 78) volteaban o marcador e acadaban a victoria.

Pouco máis que engadir do logrado por este grupo de xogadores esta tempada. Simplemente darlle a noraboa por este gran traballo. Toca descansar e prepararse para os retos da vindeira tempada.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Lucas, Rubén, Raúl, Pereira, Domi, Leroy, Damián, Jorge e Pablo Grande. Tamén xogaron Anxo, Álex, Mateo, Hugo e Aday.

Marín C.F.: Martín, Xabi, Rober, Hugo, Julián, Elías, Pablo, Ángel, Raúl, Pablo e Unai. Tamén xogaron Iván, Ramón, Rodri, Yago e Jacobo.

Goles: 1-0 Pablo Grande (min. 29); 1-1 Pablo (min. 51); 1-2 Raúl (min. 65, penalty); 2-2 Mateo (min. 69); 3-2 Hugo (min. 78)

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario