Os Benxamíns participaron o pasado venres no Torneo de Mosteiro, encadrados no grupo A co Mosteiro, Salgueiriños, Cacheiras B e A.J. Lérez.

No primer partido contra os anfitrións perdemos 1-0. Un partido no que os locais propuxeron máis en ataque e no que os nosos plantexaron unha boa defensa. Apenas crearon ocasións claras, o gol foi un remate de cabeza tras un córner.

Contra Cacheiras B., ao pouco de empezar marcan o primeiro. O Moraña foise  adiante en busca de remontar, pero fixeronos moito dano a contra. 4-0 foi o resultado final.

O terceiro partido contra o Salgueiriños , o partido foi máis igualado, como reflexa o resultado final 0-0. As ocasións máis claras foron as nosas, sobre todo, a balón parado.

O cuarto e último partido contra A.J. Lérez. Sufrimos moito, defendiamos e intentamos saír á contra pero non logramos conectar cos cogadores que tiñamos por diante. Os tres goles foron en saque de esquina ( por mala sorte, os dous primeiros en propia porta).

Con este torneo, os Benxamíns pechan a súa tempada. Gran traballo, rapaces!!

Xogaron: Breixo Oubiña,Lucas, Héctor, Brais, Breixo Ferrín, Xabi, Xoel, Dani, Borja Diego e Mamadou.

Compárteo!

Deixa un Comentario