A categoría Benxamín do Moraña C.F. viaxou a Cambados para enfrontarse ao equipo desta localidade na 20ª Xornada de Liga. Os nosos rapaces chegaban se cadra aínda más en cadro que de costume, só con 6 xogadores da súa plantilla, polo que 4 Prebenxamíns tiveron que botarlles unha man para poder completar a convocatoria.

Destacamos que a primeira parte dos nosos foi moi boa, aguantando ben os envites dos locais e xerando opcións de perigo nas internadas por banda, chegando ao descanso cun marcador de 2 a 0. Pero nos segundos 25 minutos o aspecto físico pesou, ademáis de loitar contra un clima moi adverso e un campo totalmente encharcado. Segundo pasaban os minutos e a gasolina se acababa, aparecían os espazos para os de Cambados, que fixeron 11 goles. Marcou o da honra David, nunha gran xogada de contraataque.

Moi bo traballo dos Benxamíns, que seguen loitando contra vento e marea, sen perder a ilusión e dándoo todo en cada partido. Así mesmo, dámoslle a noraboa aos Prebenxamíns que habitualmente están a reforzar este equipo e que están a facer un moi bo papel. A seguir nesta liña!

FICHA TÉCNICA

Juv. Cambados 11 – 1 Benxamíns

Juv. Cambados: Iker, Kevin, Noe, Jacobo, Daniel, Padín, Manuel, Calo, Diego, Lucas, Martín, Yerai.

Moraña C.F.: Rubén, Jorge, Hugo, Raúl, Pablo Montáns, David, Aleixo, Saúl, Aitor e Anxo.

Goles: 1-0 Jacobo, minuto 10; 2-0 Jacobo, minuto 11; 3-0 Yerai minuto 28; 4-0 Daniel, minuto 30; 5-0 Calo, minuto 35; 6-0 Noe, minuto 37; 7-0 Noe, minuto 38; 8-0 Jacobo, minuto 42; 9-0 Calo, minuto 43; 9-1 David, minuto 44; 10-1 Yerai, minuto 48; 11- 1 Jacobo, minuto 49.

Compárteo!

Deixa un Comentario