c31265eb-562f-4b20-9798-19c13c8fd0baA categoría Benxamín do Moraña C.F. recibiu hoxe pola mañán no Buelo ao Caldas C.F., nun amigable que serviu para ir perfilando o equipo de cara ao vindeiro comezo de Liga. Os xogadores de Eloy xogaron un gran partido, con momentos de bo fútbol e mostrando xa os primeiros frutos do traballo da pretempada.

Abriu o marcador David no minuto 21, e foi con este 1-0 co que se chegou ao descanso. Nos segundos 25 minutos, Mónica facía o empate no 31. Non tardaron os nosos en volver a desnivelar o electrónico, cun gol de Aleixo (min. 34) e Xabi (min. 48) poñendo o definitivo 3 a 1.

Bo traballo dos Benxamíns, a seguir traballando e a preparar ben o comezo de Liga.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Darío Leboso, Xabi, Aitor, Álex, Darío Redondo, Anxo, David, Aleixo, Ethan e Iker.

Caldas C.F.: Uxía, Gabriel, Roi, Samu, Marcos, Mónica, Nerea, Joel, Aarón.

Goles: 1-0 David (min. 21); 1-1 Mónica (min. 31); 2-1 Aleixo (min. 34); 3-1 Xabi (min. 48).

Compárteo!

Comentarios Pechados.