• Os nosos continúan nunha mala dinámica de resultados.

  • O Zacande estivo máis atinado de cara a gol.

Oitava xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Meis para enfrontarse ao Zacande F.C.

Zacande 3-0 Moraña

Nova derrota dos nosos, que continúan sen sumar puntos desde hai varias xornadas. O partido empezou da peor maneira posible, cun gol en contra no primeiro minuto de partido. Non lle perdeu o Moraña a cara ao encontro, e de feito tivo as mellores ocasións para empatar o encontro con dous remates ao pao e un tiro desviado coa portería practicamente baleira. Esta falta de acerto lastrounos o resto do partido.

No segundo tempo, os nosos adiantaron liñas arriscando moito na faceta defensiva. E foi así como chegou o segundo gol local logo dun roubo en mediocampo e posterior contragolpe. Faltaban 10 minutos e o Moraña continuou buscando un gol que nunca chegaría. Si que chegaría o terceiro gol do Zacande que liquidaba o encontro no minuto 85.

A vindeira xornada tocaranos de novo partido a domicilio contra o U.D.S.M. Deiro.

FICHA TÉCNICA

Zacande F.C.: Pedro José Castro, Luis Miguel Pazos, Benito Fernández, Javier Bascoy, Diego Santos (Pablo Nogueira, 84′), Aarón González (Brayan Steven, 74′), Edgar Domínguez, Joel Carballa, Alejandro Fernández, Pablo Rubianes e Alexandre Portas (Roi García, 84′).

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar (Levi Pereira, 71′), Rubén Candal, Paulo Miote, David García (Luis De Matos, 86′), Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos, Antonio Waldemar, Godfrey Apeh (Ángel Núñez, 86′) e Emanuel Cordeiro (Dani Fontán, 71′).

Goles: 1-0 Aarón González (min. 1), 2-0 Brayan Steven (min. 80), 3-0 Edgar Domínguez (min. 85)

Árbitro: Borja Gómez. Amonestou a Brayan Steven polo Zacande  e a Henrico Medeiros, David García, Godfrey Apeh e Emanuel Cordeiro polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario