Bo partido o realizado pola nosa categoría Alevín hoxe na súa visita ao Berdón para enfrontarse ao Villagarcía S.D. na 14ª Xornada de Liga. Os pupilos de Juan López xogaron un gran encontro, moi completo en todos os aspectos e xogando prácticamente todo o encontro no campo rival, cun pressing moi alto e finalizando as ocasións. A pesares das baixas que arrastraba o equipo, que fixo que David do equipo Benxamín viaxara cos alevíns para axudar, os nosos levaron os puntos.

O encontro quedou sentenciado case na primeira metade, chegando ao descanso cun 0 a 2 grazas aos goles de Domi e Yoel. Nos segundos 35 minutos, aumentouse a diferenza ata o definitivo 0 a 5, con goles de Álex, Yoel e Mateo.

Con esta nova victoria, os alevíns afiánzanse na sétima plaza da Liga. Moito ánimo e a seguir pelexando!

FICHA TÉCNICA

Villagarcía S.D. 0 – 5 Moraña C.F.

Villagarcía S.D.: Jorge, Joel, Alejandro, Luis, Álvaro, Elias, Gabriel, Iván, Daniel, Pablo, Carlos, Adrián, Carlos T., Mikel e Diego.

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Jonathan, Anxo, Álvaro, Pablo, Yoel, Domi, Alex, Mateo, Amestoy, David e Rubén.

Goles: 0-1 Domi (minuto 5); 0-2 Yoel (minuto 15); 0-3 Álex (minuto 36); 0-4 Mateo (minuto 66); 0-5 Yoel (minuto 70)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario