Os Alevíns do Moraña viaxaron ao Berdón para xogar ante o filial do Vilagarcía na 24ª xornada de Liga. O encontro tivo moi pouco ritmo, cun rival que se lles pechou atrás aos nosos e un Moraña que en ningún momento lle meteu a intensidade suficiente ao partido.
O único gol do encontro chegou nunha xogada desafortunada para os rivais, que marcaron en propia meta no minuto 26.
Pouca historia neste encontro no que os nosos non souberon romper as liñas rivais e xogaron a un ritmo moi lento. Que sirva este partido para aprender e mellorar neste aspecto no vindeiro enfrontamento, no que reciben ao Caldas no Buelo. A seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

Vilagarcía «B» 0 – 1 Moraña C.F.

Vilagarcía «B»:Roi, Xabi, David, Nicolas, Álex, Jesús, Samuel, Miguel, Juan, Mikel, Vidal, Pedro, Denek, Marcos, Rey.
Moraña C.F.:Óscar, Dani, Anxo, Álvaro, Pablo, Yoel, Domi, Álex, Lucas, Amestoy, Rubén, Sergio, Juanma, Gael e André.
Goles:0-1 Álex p.p. (min. 26)

Compárteo!

Comentarios Pechados.