O Villagarcia levouse os puntos no tempo de desconto no Campo de Berdón, con todo merecemento, ante un Moraña que está a atravesar unha focha, tanto de resultados coma de xogo, dando moitas facilidades en defensa e que rematou secumbindo por 2-1,  e como xa vén sendo habitual perdendo os encontros nos últimos minutos.
O partido arrancou cun Vilagarcia dominando ao Moraña, aínda que ese dominio, malia o empeño mostrado polo xogadores arosanos, que tiveron varias ocasións de perigo ante o portal de Vicente, resolvendoas extraordinariamente o cancerbero morañés con grandes intervencións. Os tres goles chegaron na segunda parte e os tres a balón parado, o primeiro do Villagarcia tras a consecución dun saque de banda, empatando o Moraña tras un lanzamento de penalty,  e en tempo de desconto volve marcar o Villagarcia tras un lanzamento dunha falta ao bordo do area e ante a pasividade dos defensas marca de cabeza o dianteiro centro Luis Barral.

Na foto o gardamente do Moraña Vicente, protagonista do encontro con grandes paradas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aliñacións:

Vilagarcia., S.D.: Dasilva; Vázquez(19′ Alejandro Blanco,46’Rodiño), Camiñas, Fontán, Coello; González, Barreiro, Núñez(19’Luis Barral); Samuel Blanco, Conde e Benito Blanco(42’Estevez,85’Segade).

A.C.D. Moraña.: Vicente; Ventura(46’Eloy), Juan, Yeyo, Rafa Sáez(80′ Esteban); Nico(56′ Oscar), Sayáns, Fernando Núñez, Esteban(60′ Fuentes); Celso(80’Nico) é Santi Paz.

RADIOGRAFÍA DO ENCONTRO:

Minuto 23′,- Contragolpe do Vilagarcia e o xogador Benito Blanco, remata a porteria parando Vicente.

Minuto 24′,- Roubo de balón de Samuel Blanco e o seu centro o remata Conde, cruzando o esferico en exceso.

Minuto 30′,- Gran tiro de Sayáns e o balón sae fora por pouco.

Minuto 31,-Centro de Barral e Benito Blanco remata fora na mesma boca de gol.

Minuto 32′,-Benito Blanco rouballe o balón a Yeyo e só ante Vicente, responde este con unha gran intervención desviando o balón a córner.

Minuto 35′,- Encontronazo dentro da area pequena entre o xogador do Vilagarcia Fontan e o cancerbeiro Vicente, quedando este noqueado durante varios minutos con un golpe na cabeza e nunha perna, recuperandose milagosamente.

Minuto 44′,- Gran xogada de Fernando Núñez que mete a Esteban que tira cruzando o balón demasiado.

Minuto 45′.- Saque de esquina de Celso  e Estreban de cabeza a piques estivo de marcar.

Minuto 46′,-Contragolpe do Vilagarcia e Barral plantase diante de Vicentew que volve facer unha excelente parada. 

Minuto 48′,- Saque de falta de Celso o borde da area e o seu lanzamento peta no largueiro.

Minuto 60′,-(1-0),- GOOOOOOOOL DO VILAGARCIA,- Saque de banda rapido sobre Samuel Blanco e o seu centro o remata Conde o fondo da rede.

Minuto 66′,-Santi Paz vaise por velocidade, tira e o porteiro envía a córner.

Minuto 73′,-Saque de falta de González rematando de cabeza Benito Blanco, respondendo Vicente con unha boa parada.

Minuto 83′,- Remate de González, respondendo o cancerbeiro Vicente con unha gran parada.

Minuto 84′,-(1-1),- GOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Internada por banda dereita de Sayáns e o seu centro e cortado ca man por un defensor do Vilagarcia, señalándo o Sr. Colexiado o xusto penalti, encargandose de executalo Santi Paz engañando o porteiro Dasilva.

Minuto 91,-(2-1), GOOOOOOOOL DO VILAGARCIA, en tempo de desconto falta o borde da area do Moraña que saca González e remata Barral libre de marca o fondo da porteria.

Minuto 93,- Doble ocasión do Moraña, Santi Paz presentase só diante do gardameta Dasilva, facendo este unha gran parada, o rechace caille a Fernando Núñez o borde da area grande, que lanza un gran tiro a escadra e o porteiro Dasilva volve a facer unha gran parada desviando a córner. 

ARBITRO: Axubioú o encontro o Colexiado Pontevedrés José Antonio Montoto, realizando unha  estupenda arbitraxe. no minuto 85′ enseñou tarxeta roxa directa o xogador do Vilagarcia Rodiño, por insulta o Sr. Colexiado.

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Berdon (herba sintetica), con unha magnificas instalacións. Tarde primaveral  con unha temperatura apróximada os 20º. Despois do encontro os xogadores do Moraña tuveron unha Merendola en Vilagarcia no bar do xogador morañés Victor «A REPOLEIRA»

DESTACADOS: Por O Vilagarcia o porteiro Dasilva, Barral, Samuel Blanco, Gonzalez e Conde e por o Moraña, Sayáns,  Fernando Nuñez é Vicente, este último se revelo como a autentica figura da competición ao realizar un partido extraordinario e ser un dos mellores porteiros que se levan vistos nestes encontros .  

 

Compárteo!

Deixa un Comentario