Novo partido de preparación do equipo Alevín de fútbol 11, indo a visitar ao Vilagarcía ao campo do Berdón.

Bo partido dos nosos, que dominaron a maior parte do encontro salvo algunha fase na que perderon a concentración, e que gañaron por tres goles a dous grazas aos dous goles marcados por Yoel e un de Amestoy. Un paso adiante por parte deste equipo, que viaxou a este encontro con moitas baixas.

Agardamos que os pupilos de Juan sigan mellorando pouco a pouco para comezar a Liga o vindeiro día 26 coas pilas cargadas.

FICHA TÉCNICA

Vilagarcía 2 – 3 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña: Andre, Fontan, Amestoy, Jonathan, Álvaro, Anxo, Ruben, Álex, Domi, Mateo,Yoel e Sergio.

Goles: Yoel (2) e Amestoy

 

Compárteo!

Deixa un Comentario