Primeira Xornada de Liga, e primeira victoria da categoria de Veteranos do Moraña C.F. Os pupilos de Germán Rúa presentáronse hoxe no Buelo con moitas ganas de comezar a competición, coas nova e fichaxes e a recuperación, tras unha larga lesión, de Juan.

O equipo comezou cun ritmo bastante alto e coas intencións dos dous equipos bastante claras. O Moraña buscaba a posesión e ir movendo ao rival para lograr espazos, e o Noalla esperaba en tres cuartos para roubar e salir á contra.

Abriu a lata Nico, tras unha moi boa xogada do debutante Eloy, que desbordou por banda esquerda e lle puxo un preciso centro ao dianteiro morañes para que finalizara. 1-0 e o equipo lanzado.

Non tardou en chegar o segundo, cando Celsiño agarra un balón rexeitado en campo rival e proba sorte tirando a porta. O balón introduciuse sacándolle as telarañas ao longueiro. Con este resultado chegamos ao descanso.

Na segunda parte, o Moraña foi perdendo o dominio paulatinamente, e o Noalla comezou a chegar cada vez con máis perigo, se ben non lograron xerar ocasións claras.

O partido pechouno Eloy, que puxo o broche de ouro a un debut espectacular, marcando un fermoso gol dende a banda esquerda tras recibir un pase de Nico nunha contra morañesa. Tivo o pequeno xogador da Amil o cuarto nas súas botas, pero marrou un man a man cunha vaselina mal calculada.

Ao final dos 90 minutos, 3-0, boa presentación do equipo e dos debutantes e moi bo traballo en común, dando relevos contínuos que permitiron manter ao equipo fresco en todo momento.

O vindeiro rival dos Veteranos será o Caroi o próximo sábado.

FICHA TÉCNICA

Moraña Veteranos 3 – 0 Noalla Veteranos

Xogaron polo Moraña C.F.: Rafa Sierra; Juan, Yeyo, Mario Costas, Fuentes; David, Óscar Barros, Goran Djorovic, Eloy; Celsiño, Nico. Tamén xogaron Toño, David Barros e Santiño.

Goles: 1-0 Nico, tras unha gran asistencia de Eloy; 2-0 Celsiño, cun disparo lonxano que entra pola escadra da meta visitante; 3-0 Eloy finaliza unha gran contra, a pase de Nico.

Imaxes cedidas por CR1

Compárteo!

Deixa un Comentario