É un orgullo para toda a familia do Moraña C.F. anunciar que o noso equipo de veteranos logrou o ascenso a 1ª, culminando unha tempada excepcional.

Grazas ao esforzo colectivo, ao traballo constante e ao apoio incondicional da nosa afección, os nosos veteranos conseguiron o obxectivo.

Este ascenso é o reflexo da paixón polo escudo, do compañeirismo no vestiario e da ilusión que nos une en cada partido.

Parabéns a tódolos xogadores, corpo técnico e a quen estivo aí día tras día. Agora toca gozar deste merecido éxito e prepararse para os novos retos na 1ª de veteranos!

Compárteo!

Deixa un Comentario