O equipo de Veteranos do Moraña C.F. recibiu na tarde de onte no Buelo ao Bora Nazaret C.F. na 23ª xornada de Liga. Os xogadores de Germán Rúa afrontaban o partido recuperando a algún xogador, pero aínda con moitas baixas.

O encontro na súa primeira parte foi «infumable», esperando o Bora Nazaret no seu campo cun repliegue intensivo, agardando o erro dos morañeses, e os nosos tentando avanzar pero con moitas imprecisións. Nin uns lograban avanzar, nin os outros conquerían contras perigosas nas que lograr ocasións. O descanso foi o mellor que lle puido pasar ao encontro.

No segundo acto, o partido seguía pola mesma liña ata que por fin, Jairo lograba abrir o marcador cun gran lanzamento de falta que se colaba na portería do Bora. Este gol cambiou o encontro, xa que os visitantes tiveron que dar un paso adiante para lograr o empate, e o Moraña aproveitou os espazos que deixaban para ampliar a conta. Óscar fixo o segundo tras unha gran asistencia de Jairo, e Nico aproveitou un erro nun saque de porta para pechar o definitivo 3 a 0.

En resumen, resultado enganoso xa que o Moraña estivo falto de ideas en case todo o encontro, pero soubo aproveitar o seu momento para sentenciar o encontro.

A vindeira semana, viaxan os Veteranos a Arcade. Moita sorte!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 0 Bora Nazaret C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Rafa, David, Toño, Yeyo, Fuentes, Óscar Barros, Sayáns, Mario, Jairo, Santiño, Nico, Velay, Juan e Ventura.

Goles: 1-0 Jairo; 2-0 Óscar Barros; 3-0 Nico.

Compárteo!

Deixa un Comentario